QUEN SOMOS

Unha empresa do eido do turismo cultural e a interpretación do patrimonio

dende unha perspectiva educativa e de dinamización sociocultural.

Buguina está formada dende 2012 por Hugo Lage e Mª de los Ángeles Diz Martínez, aínda que este proxecto sería imposible sen a participación dunha equipa multidisciplinar de colaboradoras/es que nos axudan en diversos tipos de proxectos (audioguías e rutas interpretadas).

A NOSA FILOSOFÍA

Desenvolvemento dun Turismo de Calidade e Sustentable dende a Educación. Os nosos proxectos nos avalan. Buscamos a opción máis axeitada e adaptámonos aos contextos. Desenvolvemento Rural. Cremos firmemente nas posibilidades do ámbito rural e estamos convencid@s de que en calquera lugar se poden facer grandes proxectos. Responsabilidade Social. Asociacionismo, grupos informais, iniciativas de grupo: participamos e construimos en sociedade.