RUTAS INTERPRETADAS

Deseñamos rutas interpretadas que permiten un achegamento ao patrimonio cultural ao tempo que se desfruta da contorna. Centrámonos en rutas a pé, en bicicleta ou en canoa, colaborando con empresas de turismo activo da zona. Contamos cun equipo con máis de 15 anos de experiencia organizando rutas en Galicia. Os nosos proxectos enfócanse a programacións estables e para grupos reducidos (en xeral, menos de 20 persoas) porque na Interpretación do Patrimonio é fundamental poder crear espazos de interacción entre guías e participantes. 

O noso proxecto estrela de rutas interpretadas é Descubrindo as Nosas Fortalezas, promovido dende o Concello de Tomiño para pór en valor o conxunto de fortificacións Goián-Vila Nova de Cerveira. Trátase dunha iniciativa do 2010 que en grande medida foi o xerme de Buguina, no que realizamos rutas interpretadas a pé, en bicicleta e en canoa ininterrumpidamente durante 7 anos.