SERVIZOS

Os nosos servizos céntranse no ámbito do turismo dende unha perpectiva multidisciplinar e ligada á posta en valor do patrimonio material e inmaterial. Apostamos polo enfoque educativo e didáctico, empregando o patrimonio cultural como ferramenta que transmita coñecementos e sexa un recurso que xere dinamización económica e sociocultural.

Nos proxectos a medio e longo prazo, o primeiro obxectivo sempre é a valorización do patrimonio a nivel local, organizando actividades que faciliten o achegamento da poboación aos elementos patrimonais e á súa historia, sendo a súa análise e avaliación a base para desenvolver vindeiras fases de intervención.