AUDIOGUÍAS DE VEDRA

No 2016 realizamos as primeiras audioguías para o Concello de Vedra, unhas enfocadas a facilitar información sobre diferentes puntos de interese turístico do concello e outros para o Corredor Temático do Ulla (2017).

Dentro do proxecto desenvolvido en febreiro elabourose unha ruta polo Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (ou Rivadulla, segundo quen escriba), onde as audioguías convidan a un paseo por un dos xardíns máis fermosos de Galicia que está incluido na Ruta da Camelia, xa que este pazo conta cun dos mellores e máis variados conxuntos de árbores de camelias de toda a península Ibérica, alén de contar con varios exemplares do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.