AUDIOGUÍAS

Dende o ano 2013 levamos deseñando e levando a cabo diversos percorridos con audioguías para ampliar a oferta en turismo cultural e dar a coñecer elementos patrimoniais.

Os nosos sistemas de audioguías plantéanse para que o visitante poida escoller entre tres posibilidades:

  1. Lendo os códigos QR dende un Smartphone.
  2. Alugando un reprodutor de mp3.
  3. Descargando os audios dende unha carpeta asociada á un ligazón dende a páxina web.

Potenciamos o uso soportes de madeira que produzan un menor impacto visual e poidan ser reemprazados sen dificultade, así como copia en formato dixital aos nosos clientes. Realizamos un seguimento no número de descargas, o que permite obter información de que puntos son máis visitados e mellorar planificacións de intervención futuras.