DINAMIZACIÓN DO PATRIMONIO

Sendo as Culturas elementos que varían co paso do tempo, o Patrimonio Cultural non permanece alleo a esta condición. Existe unha tendencia a focalizar a atención do Patrimonio Cultural nos obxectos, na súa parte máis material... cando adoito o inmaterial non só é moito máis rico senón que é o que sustenta a parte material. O contexto sociocultural é indisoluble ás Culturas.

En Buguina deseñamos proxectos de intervención para dinamiza-lo patrimonio, partindo sempre de que o primeiro paso é que a comunidade local coñeza o que existe e o seu valor, para favorecer a transmisión do patrimonio a xeracións vindeiras e a visitantes.

A realidade local é unha singularidade de cada espazo, cada lugar. Non cremos en receitas máxicas, é imprescindible coñecer cada territorio para poder deseñar proxectos á medida. Somos conscientes de que iso leva tempo e nós somo un equipo reducido de xente, e precisamente por ese motivo facemos poucas intervencións durante períodos de máis de 24 meses, combinando actividades como visitas guiadas, rutas interpretadas, elaboración de webs que faciliten a recollida e partilla, eventos puntuais, elaboración de xogos, deseño de rutas de senderismo ou audioguías.

As imaxes corresponden ao proxecto "Punto Fortaleza", un servizo do Concello de Tomiño que dende 2012 a 2016 ofrecía nos meses de verán a posibilidade de realizar visitas guiadas, rutas interpretadas a pé, en bicicleta ou canoa, préstamo de xogos, libros e revistas, alugueiro de bicicletas e canoas, información turística e alugueiro de audioguías, todo no Espazo Fortaleza de Goián.