FORMACIÓN

Xestionamos proxectos formativos dentro do programa Erasmus+, en especial no eido da Educación Non Formal e da mocidade (Erasmus+: Youth in Action). Dentro do noso equipo contamos con xente da Bolsa de Formadores/as da Axencia Nacional Española de Erasmus+: YiA e do PET (People for Education and Training) da asociación internacional Youth for Exchange and Understanding.

En Galicia centramos os nosos esforzos en dinamizar os programas europeos para mocidade nos concellos con poboacións menores a 20.000 habitantes, pois entendemos que estas ferramentas para desenvolver proxectos deben ser máis coñecidas nestas localidades.

Realizamos cursos de formación nacionais e internacionais para aprender a xestionar proxectos de intercambios de grupos a nivel europeo, Servizo Voluntario Europeo, seminarios internacionais e participar en formacións noutros países, dentro do marco do programa Erasmus+.

Asesoramos a administracións públicas para implementar programas europeos educativos no seu ámbito local, con formación específica tanto a nivel de persoal técnico como responsables políticos.

Outra liña de acción son as formacións de breve duración (máximo de 20 horas) nas que tratamos temas moi concretos como Interculturalidade, Interpretación do Patrimonio, Redes de Información Xuvenil, Crowdfunding ou Financiamento Colectivo, Xogos Populares ou Xestión de Ludotecas.