Actividade Formativa Río Miño Navegable
Nas últimas 2 semanas estivemos participando nunha acción formativa dentro do proxecto Río Miño Navegable, unha iniciativa dos concellos de Tui, Valença do Minho, Monçao e Salvaterra de Miño, así como Turismo Porto Norte de Portugal e a Xunta de Galicia.
Nestas 3 xornadas estivemos nos concellos de Valença do Minho, Tui e Salvaterra de Miño. Os primeiros 2 días adicáronse fundamentalmente a coñecer o proxecto de Río Miño Navegable, as distintas entidades ás que pertenciamos as persoas participantes e a traballar en potenciais produtos turísticos.
A terceira das xornadas foi para coñecer in situ algúns dos recursos destas 2 eurocidades, comezando por unha visita guiada pola Fortaleza de Valença.
Logo atravesamos a fermosa ponte internacional entre Valença do Minho e Tui, para percorrer o paseo fluvial e coñecer algunha das singularidades do Casco Histórico de Tui.
Tras a pausa para xantar, apañamos o minibús con destino a Fillaboa, en Salvaterra de Miño, onde visitamos a adega e degustamos un viño dentro da DO Rías Baixas, subzona O Condado. Neste caso na Adega Fillaboa servíronnos un albariño 100%, que leva o mesmo nome ca adega: Fillaboa.
Velaí as ligazóns ás entidades participantes:
- Buguina Turismo Cultural (Tui, A Guarda, Cambados)
- Casinha do Eido Novo (Valença do Minho)
- Hostel Bulwark (Valença do Minho)
- Tren Turístico Tui-Valença (Tui-Valença)
- Oficina de Turismo de Tui (Tui)
- Oficina de Turismo de Monçao (Monçao)