Agosto é moito agosto
04.08.2024
Levamos varias semanas sen publicar no blog pero é que non temos tempo pra nada que non sexa facer visitas guiadas e cumprir coas responsabilidades familiares. O verán tardou en arrancar pero unha vez que comezou fíxoo con forza.
Así que pouco máis que engadir, velaí unha imaxe dende o Hotel (con moito encanto) A TORRE DO XUDEU, nun intre en que xusto pasou un coche e tivemos que arrecongharnos un pouquiño para poder continuar coas explicacións. Aproveitamos para agradecer ás persoas propietarias deste aloxamento turístico de Tui a súa comprensión para poder facer as explicacións sobre a muralla de Tui na entrada do hotel. Por certo, se queredes saber de onde vén o nome de A TORRE DO XUDEU... vide aos nosos guiados!!!