CATEDRAIS DE GALICIA - FORMACIÓN
O 7 de novembro comeza esta actividade formativa sobre CATEDRAIS DE GALICIA na que faremos 3 xornadas para coñecer 3 catedrais de Galicia (as quedan para o 2027!). TUI, OURENSE E SANTIAGO DE COMPOSTELA acollerán esta primeira edición dunha iniciativa de HORIZONTE TOURS, GUÍAME GALICIA E BUGUINA TURISMO CULTURAL
CATEDRAIS DE GALICIA 2026 está deseñado especialmente para guías de turismo que queiran coñecer da man de guías locais a bibliografía existente, propostas de itinerarios en cada catedral en función do perfil de grupo visitante e algúns dos pequenos detalles que hai nestes espazos.
A INSCRICIÓN en CATEDRAIS DE GALICIA é independiente para cada unha das 3 xornadas, xa que sabemos que é complicado coordinar a axendas para asistir ás 3 datas propostas: 7 de novembro, 29 de novembro e 12 de decembro. O prezo xeral por xornada é de 15€ + prezo da entrada da catedral.
+INFO e DÚBIDAS en info@buguinaturismo.com
