FESTA DO PEIXE ESPADA 2023 A GUARDA
Un dos nosos obxectivos ao crear Buguina Turismo Cultural foi aportar o noso grao de area na infinda tarefa de difundir o nosos patrimonio cultural. Isto facémolo coa mente aberta, entendendo por patrimonio cultural un extenso abano de eidos que a cotío fican esquecidos, sobre todo cando xurden dentro do tecido empresarial.
Dende hai xa 5 anos vimos colaborando con OR.PA.GU. (Organización de Palangreiros Guardeses) na iniciativa ORPAGU EDUCATIVO que comprende diferentes accións ligadas neste caso ao patrimonio marítimo, como son unidades didácticas, xogos e actividades referidas á pesca con palangre a ao mundo mariñeiro en xeral, ou visitas guiadas nocturnas que narran a orixe da pesca do Peixe Espada na fermosa vila da Guarda.
Neste 2023 estivemos coa nosa Ludoteca Mariñeira, que comezou a súa singradura precisamente na Guarda no XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia do 2019. Compartimos espazo coa Asociación PIUEIRO
Coma sempre foi un pracer ter participado neste evento e desfrutar dunha festa gastronómica na que o Peixe Espada pode ser degustado de múltiples receitas. Por certo, sabedes que A Guarda é o único sitio de toda Europa onde se fan conservas de Peixe Espada? Pois se aínda non as probaches, podes acceder á Tenda de ORPAGU e nun plisplás terás as conservas na túa casa ;)