#OMiñoQueNosUne chega a Ribadavia e Ourense

18.03.2023

A vindeira fin de semana do 25 e 26 de marzo temos unha nova entrega de #OMiñoQueNosUne en Ourense e Ribadavia, un PASEO GUIADO de aproximadamente 3 horas na que percorreremos estas localidades da man dos guías Fabio de GUÍAME GALICIA, Guido de GUIDO GUÍA e Hugo de BUGUINA TURISMO CULTURAL.

Imaxe do 1º Paseo Guiado en Lugo [Fotografía de Guido Guía]

Os dous primeiros paseos realizáronse en Lugo e Portomarín, acompañados por Xaime Fernández (guía e historiador) e no mes de abril temos previsto visitar Tui e A Guarda, xa que nesta iniciativa de #OMiñoQueNosUne deseñamos a proposta para facer un percorrido polas 3 provincias galegas nas que o Pai Miño está presente e inflúe na historia destas localidades, dende a súa fundación ata o seu actual trazado urbano.

Imaxe do 2º Paseo Guiado en Portomarín [Fotografía de Guido Guía]

As INSCRICIÓNS dos Paseos Guiados pódese facer ata uns minutos antes de comezar a actividade a través do correo electrónico guidoguiaturismo@gmail.com