OFICINA DE TURISMO DE TUI

Esta semana comezamos a ofrecer o servizo de información e asistencia na Oficina Municipal de Turismo de Tui. A previsión é manter este espazo aberto ata o mes de abril, ao tempo que mantemos as visitas guiadas en Tui, Cambados e Compostela.

O horario de apertura da ofina é de martes a sábado polas mañás. Son tempos complicados para o turismo e para nós é importante manter tódolos servizos operativos aínda que iso implica un esforzo. As pandemias sempre estiveron na historia da humanidade, así que toca adaptarse a elas e cargar as baterías mentres chega a "nova" "nova-normalidade".