SETEMBRO XUDEU TUI

13.09.2026

Dentro das Xornadas Europeas da Cultura Xudía o Concello de Tui organiza unha nova edición en 2026 e desde Buguina Turismo Cultural participamos do programa con unha VISITA GUIADA sobre o patrimonio xudeo e xudeo-converso de Tui.

A diferenza da visita guiada realizada en 2025, nesta edición centrámonos en 3 elementos senlleiros da Comunidade Xudía de Tui: a Sinagoga, a Carnizaría Xudía e o Cemiterio Xudeu. A maiores tamén hai unha última parada na cabeceira da Catedral de Tui, xa que é un espazo onde podemos atopar abondosa presenza xudía e xudeu-conversa.

Dende Buguina Turismo Cultural ofrecemos este tipo de visitas guiadas do Casco Histórico de Tui e Tui Xudeo todos o ano. En xeral en xullo e agosto hai un mínimo de 12 horarios diferentes semanais e no resto de meses do ano adoita funcionar baixo reserva para visitas guiadas privadas.

Agradecemos ao Concello de Tui poder participar neste ampio programa e convidámosvos a que consultedes o programa completo para ver as actividades.

Share