XORNADAS DA CAMELIA EN VEDRA

13.02.2022

Da man do Concello de Vedra  imos participar nas XXVI Xornadas Arredor da Camelia que organiza este municipio da Ulla neste febreiro de 2022. O marco é o marabilloso Pazo de Ribadulla... ou Rivadulla, no lugar de Ortigueira da parroquia de Santa Cruz de Ribadulla. Estas semanas as camelias e algún que outro magnolio están en flor, polo que a visita ao Xardín Reservado é especialmente aconsellable.

Para acceder ao programa completo das xornadas preme AQUÍ