O MIÑO QUE NOS UNE - A GUARDA
No imaxinario colectivo é doado asociar a imaxe da Guarda cun lugar: o castro do Monte Santa Trega. Pero A Guarda é moito máis!!! Comezando por Santa Trega, cómpre mencionar que hai varias sendas sinalizadas para desfrutar dun xacemento arqueolóxico absolutamente fantástico. Están as súas praias, as cetárias e unha curiosidade que adoita pasar desapercibida: sabías que a maior frota de palangre de superficie especializada no peixe-espada de Europa está precisamente na Guarda?
RUTA DAS CETÁRIAS
Estamos nun dos poucos concellos galegos que conserva varias cetárias, neste caso moitas delas estabas adicadas a unha especie que foi referencia da localidade costeira da Guarda: a langosta. A ruta comeza preto do porto e lévanos por un fermoso litoral no que podemos observar ata 4 cetárias, aínda que en moi diferentes estados de conservación. É un itinerario lineal que convén facer coa marea baixa, xa que doutro xeito é imposible achegarse a algunha das cetárias ver +INFO
RUTA ORNITOLÓXICA CAMPOSANCOS
O estuario do Río Miño está catálogado dentro da Rede Natura 2000 e unha das figuras de protección que ostenta é a de Zona de Especial Protección para as Aves (zona ZEPA). É un percorrido sinxelo especialmente aconsellable para días solleiros de inverno ou comezo de primavera ver +INFO
PASEO EN CAIAC POLO TAMUXE (O ROSAL)
O Tamuxe é un afluente do Miño que se atopa na zona do Rosal, concello que limita coa parraquia guardesa de Salcidos. Hai unha senda que vai en paralelo ao río xusto antes de xuntarse ao Miño, pero moito máis divertido é remontar ao Tamuxe en caiac, sobre todo se te queres iniciar neste deporte, xa que neste tramo hai moi pouca profundidade e a corrente é mínima. Nos meses de verán hai unha empresa que aluga caiacs (Tamuxe Kayak) ver +INFO
VISITA UNHA ADEGA
Estamos nunha zona dentro da Denominación de Orixe Protexida Rías Baixas, concretamente na subzona do Rosal. Varias adegas organizan actividades de enoturismo e unha das que conta con visitas guiadas regulares é Terras Gauda ver+INFO