VISITAS GUIADAS CASCO HISTÓRICO DE TUI
As visitas guiadas polo Casco Histórico de Tui percorren
diferentes prazas e rúas da cidade medieval e contorna, nun paseo duns 60/70 minutos que nos achega á súa historia, á orixe da fronteira, á presenza xudía
en Tui ou á influencia do Camiño de Santiago.
INFORMACIÓN SOBRE ACCESIBILIDADE: Debido ao trazado urbano e ás dificultades de accesibilidade con cadeira de rodas ou carriños de bebé, sentimos comunicar que esta visita non é adaptable a personas con mobilidade reducida.
QUERES ORGANIZAR UNHA VISITA ADAPTADA AO TEU HORARIO?
Podemos adaptarnos e buscar a mellor alternativa. Os prezos son:
- Grupos de ata 7 persoas: 40 euros/grupo.
- Grupos de entre 8 e 19 persoas: 5 euros/persoa.
- Grupos de entre 20 e 30 persoas: 100 euros/grupo.
Consulta horarios dispoñibles a través do formulario de reservas