Illas de Galicia - Illa de Santo Antón

12.05.2026

Hoxe viaxmos ata A Coruña, a unha illa que alberga o Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón (A Coruña) e o seu nome vén da Idade Media, xa que neste lugar estaba ubicada a ermida de Santo Antón.

Fotografía Illa de Santo Antón de Wikimedia Commons: Álvaro Pérez Vilariño

Sería en 1587 cando comeza a construción dunha fortaleza que condicionou o aspecto que actualmente presenta. Lazareto, prisión e mesmo sede do Corpo de Inxeñeiros do Estado foron outros usos que se lle deu a esta illa... unha illa con moita Historia.

Trátase dun espazo moi urbanizado, a un paso do barrio do Parrote e tamén próximo á Torre de Hércules, e a súa conexión a terra firme a través dunha ponte e o seu uso cultural facilitan poder achegarse a esta illa.

Plano do Forte de Santo Antón de F. Montaigú 1726?

O Museo Arqueolóxico e Histórico foi inaugurado en 1968 e xa dende 1960 pertence ao Concello (houbo unha cesión por parte do Ministerio de Defensa). Conta con tres seccións: Arqueoloxía, Escultura Medieval e Historia. A de Arqueolóxía abrangue fundamentalmente obxectos dende o paleolítico ata a romanización de Galicia, con varias pezas a salientar coma torques, o chamada Tesouro de Elviña e o Casco de Leiro (do 700 a.C.). O horario de apertura é bastante amplo e o prezo dende logo non pode ser unha excusa (2€ a entrada xeral). Tamén é posible botar unha olla dende a casa a través da visita virtual.

Fotografía do Casco de Leiro de Wikimedia Commons: CdePaz

Se queremos completar a visita, a verdade é que en Coruña o problema pode ser priorizar ou pensar en facer noite na localidade. Evidentemente achergarse á Torre de Hércules e un paseo polo Casco Vello non pode faltar. Logo xa chegamos as cuestións máis persoais: A Casa dos Peixes, a Domus ou o Museo de Belas Artes son das opcións máis salientables xunto a unha incorporación recente (2019), o MEGA.

QUERES LER OS ARTIGOS OU ESCOITAR OUTROS EPISODIOS DE ILLAS DE GALICIA?

  1. ILLA PANCHA (RIBADEO)
  2. ILLA DE SANTO ANTÓN (A CORUÑA)

ILLAS DE GALICIA é un programa emitido na Radio Municipal de Tui dende o 6 de maio de 2026

Share