Illas de Galicia: Illa Pancha

O 6 de maio é día de estrea!!!!
Comezamos unha nova colaboración coa Radio Municipal de Tui cunha sección que nos fai moita ilusión: ILLAS DE GALICIA
Faremos un percorrido que comeza nun extremo de Galicia para chegar ao oposto. A nosa primeira entrega é a ILLA PANCHA

Fotografía de Flikr Autor: Juanvilas
A Illa Pancha atópase no Concello de Ribadeo, na Mariña Lucense, un dos espazos litorais galegos con máis identidade propia. Próxima ao núcleo urbano, a illa actualmente está unida a terra firme por unha ponte de formigón, pero anteriormente houbo unha de madeira. Un dos seus elementos máis característicos son os 2 faros. O primeiro é de 1857, é de planta cadrada e a día de hoxe é un aloxamento turístico. O segundo é de 1983, planta circular e de maior altura (13 metros).
O espazo está dentro da Rede Natura, mais esta illa a nivel botánico está moi afectada por unha especie invasora, a unlla de gato (Carpobrotus edulis), moi presente en toda a bisbarra así comanoutros espazos costeiros, xa que esta especie ten a capacidade de adaptarse moi ben a ecosistemas salinos e coloniza rápidamente o territorio.
No proceso de reutilización do faro antigo como aloxamento turístico houbo moita polémica precisamente por estar dentro de Rede Natura, pero foi no 2013 cando se aprobou un plan a nivel estatal que autorizaba este tipo de novos usos e xa dende o 2021 conta con 2 apartamentos e un bar con terraza. Se queredes botar unha ollado ao sitio, podedes acceder premendo AQUÍ
Dende o centro de Ribadeo ata a illa Pancha son case 2 km, así que é un paseo moi agradable que tamén pasa polo Forte de San Damián, a zona do Cargadoiro e mesmo vai por baixo da Ponte dos Santos (a que une Galicia con Asturias nesa zona do Cantábrico).
Hai un evento deportivo que se desenvolve nesta zona e que toma o nome da illa: o Lipchain Illa Pancha Challenge. O protagonista desta competición surfeira é o Panchorro, un baixo que xera unha ola xigante que pode alcanzar os 18 metros. Un dos maiores atractivos desta proba é que o público pode estar moi preto da zona da ola e observar a competición con bastante máis facilidade ca noutros lugares, o que converte o Illa Pancha Challenge nunha refenza a nivel europeo deste tipo de probas de surf.
Se queremos completar a nosa visita a Ribadeo podemos dar un paseo polo centro da vila observando as súa marabillosas casas indianas , na que a Torre dos Moreno acapara moitas miradas pero non é a única xoia e de camiño ao areal de Augas Santas -máis coñecido a día de hoxe como Praia das Catedrais- pasaremos por outro punto a visitar: Rinlo.
+INFO das propostas de rutas polas edificacións Indianas en Ribadeo

Fotografía de Flikr Autor: Rastrillador
